miércoles, 28 de noviembre de 2018

SAÍDA AO MUNCYT

O 22 de novembro, os nenos e nenas de cuarto de primaria fixemos unha saída ao Muncyt onde puidemos ver de primeira man moitos avances tecnolóxicos do século pasado e deste, e incluso subimos a un avión! Pasámolo fenomenal!




jueves, 21 de junio de 2018

EXCURSIÓN A SANTA CRUZ

Xa chegando ao fin deste curso académico, fixemos o alumnado de terceiro e cuarto de primaria unha saída para coñecer o castelo de Santa Cruz e o Museo dos Oleiros. Foi unha visita moi bonita onde aprendimos moitas cousas novas. Deixámosvos este vídeo para compartila con vós.



jueves, 10 de mayo de 2018

SAÍDA AO MAC

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria visitou ao longo do mes de maio o Museo de Arte Contemporaneo. 
Compartimos este vídeo coa nosa experiencia:





sábado, 17 de marzo de 2018

SAÍDA Á FÁBRICA O CASTRO

Os días 13, 14 e 15 de marzo, os alumnos e alumnas de terceiro de primaria puidemos ir a visitar á fábrica de cerámicas O Castro, tendo ademais a sorte de desfrutar dun taller onde fixemos a nosa propia cunca. Achegámosvos este vídeo para compartir a nosa experiencia:


domingo, 28 de enero de 2018

EXCURSIÓN Á CASA DAS CIENCIAS

O xoves 25 de xaneiro, os nenos e nenas de terceiro de primaria fumos de excursión á casa das ciencias na Coruña. Deixámovos esta achega da nosa experiencia:



DIVISIÓN ABN

Os nosos rapaces e rapazas de terceiro de primaria, explícannos como é a división coa metodoloxía ABN:


viernes, 1 de diciembre de 2017

EXCURSIÓN AO MUSEO DE BELAS ARTES

 
O 23 e 24 de novembro, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de primaria fumos de excursión ao Museo de Belas Artes da Coruña. Pasámolo fenomenal! Mirade... mirade...