viernes, 1 de diciembre de 2017

EXCURSIÓN AO MUSEO DE BELAS ARTES

 
O 23 e 24 de novembro, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de primaria fumos de excursión ao Museo de Belas Artes da Coruña. Pasámolo fenomenal! Mirade... mirade...
 



domingo, 12 de noviembre de 2017

E CHEGOU O MAGOSTO!

Este martes os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria celebramos o magosto no noso colexio. Deixámosvos con esta pequena mostra do ben que o pasamos:



martes, 17 de octubre de 2017

SAÍDA Á FRAGA

Os nenos e nenas de terceiro de primaria fixemos unha excursión á fraga do noso contorno. Compartimos con vós a nosa experiencia:




miércoles, 10 de mayo de 2017

domingo, 7 de mayo de 2017

Feira Matemática e Día da Ciencia na Rúa

Despois do exitazo destes dous días, queremos agradecer dende aquí tamén a numerosa convocatoria e ganas postas nestes dous días tan especiais.

Colgaremos os vídeos e fotos.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!

lunes, 20 de marzo de 2017

Próximo concerto á vista!!

Deixo o link para a guía didáctica de Dúas, concerto didáctico que forma parte de sonfuturo e que ten unha pinta alucinante!!

Estamos desexando ir.

Guía didáctica DÚAS

lunes, 13 de marzo de 2017

Novos recursos

Velaiquí uns novos recursos:

En ciencias naturais, ciencias sociais e matemáticas estamos a traballar coa atmosfera, hidrosfera e coas unidades de medida de masa, capacidade e lonxitude. Pois ben, descubrimos un laboratorio virtual que está moi ben para realizar cousas que na clase non é tan doado, xa que funcionan como simuladores.

Se poñedes na rede "phet simulations" aparecerá mais deixamos aquí o link:


Agardamos sexa de proveito!! 😃

miércoles, 15 de febrero de 2017

Descripciones y más recursos interesantes.

En el programa que dejo a continuación podemos encontrar un sinfín de recursos para escribir una postal, trabajar las descripciones de objetos, personas y animales entre otros. Os animo a "fedellar" en ella, ha sido un buen descubrimiento:

ESCRILANDIA

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2008/escrilandia/programa/index_flash.html

domingo, 5 de febrero de 2017

Paleta de recursos

Pinchando neste link podedes ver uns recursiños e se queredes engadir algún máis, agardo estea aberta a paleta para engadir:

Padlet de recursos

lunes, 16 de enero de 2017

Volta ao cole!!

Agardamos que moitas cousas das vosas listas se cumpliran... xa estamos de volta ao cole coas pilas ben cargadas e estamos comezando cos seres vivos e con nós coma exemplo en Naturais, co reloxo e o diñeiro en Matemáticas, cos adxectivos e o xénero e número en Lingua Galega e Lengua Castellana e preparando o Día da Paz que se celebra o día 30 de xaneiro en todo o mundo.
Pronto colgaremos moitos e variados recursos e sorpresas!!!

Apertas!!